A OMIX do Concello da Guarda trae un novo obradoiro para este mes de maio. Esta vez, os participantes terán a oportunidade de probar diferentes técnicas cerámicas para crear a súa propia peza.
O obradoiro estará guiado pola artesá Conchi Garrido e celebrarase en dúas sesións: o sábado 24 e o sábado 31 de maio. Durante dúas mañás as persoas participantes achegaranse ao mundo da cerámica e realizarán unha peza ao seu gusto.
As inscricións xa están abertas no enderezo electrónico informacion@aguarda.es, mandando o seu nome completo, enderezo postal e teléfono.
















