O autor Jorge Gómez presenta o seu libro “Los secretos de la contrainteligencia”, publicado este mesmo 2025. O autor recala na Guarda pola súa conexión coa vila, lugar de procedencia da súa avoa “A Manoja” e da súa nai, Rosa Pena.
A presentación dará comezo ás 20:30h no Salón de Plenos o próximo venres 28 de marzo e despois haberá un coloquio sobre os grandes problemas do mundo actual, como a desinformación.
Máis información: https://www.aguarda.es/a-guarda-acolle-a-presentacion-do-libro-los-secretos-de-la-contrainteligencia/
















