A presentación de tal libro celebrarase o próximo martes 17 de xuño ás 20:00h na Casa dos Alonso e contará coa asistencia do alcalde da Guarda, Roberto Carrero, e do deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela.
Neste libro poderemos ver a evolución das rúas e das prazas desde finais do século XIX a principios do século XX, polo que se trata realmente dun documento histórico de primeira orde. Esta recompilación realízase grazas tamén as coleccións de Celso Fariñas, Lalo Martín Rey e Antonio Martínez, e coa colaboración do Concello da Guarda e da Deputación de Pontevedra.
Máis información: https://www.aguarda.es/a-guarda-presenta-un-libro-que-recolles-as-postais-da-vila-ata-1940/
















