Back

Proxección da curtametraxe “Lurna” polo Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

This event has expired

A Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello da Guarda organizan a finais deste mes unha serie de actividades culturais con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, que se conmemora o próximo sábado 25 de novembro.

A programación dará comezo o xoves 23 de novembro coa proxección da curtametraxe «Lurna» no Centro Cultural ás 20:30 horas. O filme conta a historia dunha muller senegalesa que abandona o seu país na procura dunha vida mellor. Deseguido, o director da obra, o guardés Nani Matos, ofrecerá unha charla-coloquio sobre a trata de persoas.