A Casa dos Alonso abrirase este venres 7 de marzo ás 20:30h para recibir e darlle o noso recoñecemento e apoio a Álex Sierpes.
O xove atleta conseguía converterse en Campión de España sub-18 nos 3000m, baixou o récord galego sub-18, en dúas ocasións, dos 3000m ata os 8’13”89 e dos 1500m en 3’52”42; proclamouse subcampión de España de cross sub-18 e repetiu metal co Vicky Foods Athletics no Campionato Europeo de cross por clubes, na categoría sub-20, con só 16 anos neste 2025.
















