Back

TEATRO: “AS ALUMNAS”

This event has expired

4 novembro – 20:30 h no Centro Cultural.

Dirixido a un público adulto, trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento.

Premio Nacional de Literatura Dramática 2023

Premio Follas Novas 2023 á mellor obra de teatro

Premio Luisa Villalta a proxectos pola igualdade

De Culturactiva. Duración: 75 mnutos.