DATA: Venres 29/09/23
HORA: 21:00
Volve o teatro ao Centro Cultural.
E o fai da man dunha das mellores comedias do último ano : O Porco de Pé.
Patricia Vázquez, Evaristo Calvo e Víctor Mosquera protagonizan esta sátira de Vicente Risco, quen xa fai cen anos detectara unha nutrida presenza porcina vestida con elegantes abrigos e chapéus a confundirse cos propios burgueses.
Unha viaxe aos lexendarios anos 20 do século XX, a medio camiño entre o circo, o barracón, os fantoches e o cabarete.
A cargo de Mofa&Befa+Patricia Vázquez. Diversión asegurada.
Non precisa reserva previa. Acceso de Balde ate completar o aforo.
TEATRO: “O PORCO DE PÉ”

Comezo
9:00 a.m.
Venres, Setembro 29, 2023
Finaliza
11:00 p.m.
Venres, Setembro 29, 2023
Lugar
Centro Cultural