Este verán 2025 arranca na Guarda co II Trail Camposancos ó solpor, o próximo sábado 21 de xuño. O Concello da Guarda colabora na organización desta proba para comezar un verán impulsando o deporte.
Haberá un máximo de participantes nas probas, ata chegar aos 250 en cada unha das carreiras, e aos 150 na andaina. As inscricións para todas as probas estarán abertas ata o día 16 de xuño na páxina web: https://www.carreirasgalegas.com/events/ii-trail-camposancos-solpor-2025/Maj4Xpj4.
Máis información: https://www.aguarda.es/a-guarda-arrancara-o-veran-co-ii-trail-camposancos-o-solpor/
















