A XXXIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira traspasa o eido gastronómico e terá unha proposta musical e lúdica para achegarse a todos os públicos. Como sempre, celebrarase na primeira fin de semana de xullo, os días 4, 5 e 6 de xullo, mais trae unha novidade: a festa adiántase ao venres ás 12:00h da mañá. Aínda que a carpa abrirá pola mañá, a inauguración oficial da festa co pregón será ás 20:30h. O pregón desta 33ª edición volve ao porto da Guarda e conta cun persoeiro de luxo, Rafa Durán.
Máis información: https://www.aguarda.es/musica-e-espectaculos-para-desfrutar-a-festa-da-langosta-en-familia/
















