Máis de 600kg de zorza para repartir este venres na Guarda
A XXXVII Festa da Zorza celébrase este venres 19 na Gándara para desfrutar das últimas xornadas do verán. A partir das 6 da tarde xa se poderán degustar as primeiras racións de zorza.
Esta ano, preténdense repartir ata 680kg de zorza entre todos os asistentes que veñen de todo o Baixo Miño.
Como é habitual a ración de zorza inclúe pan e unha bebida (auga ou cunca de viño) e terá un prezo popular de 10€. Ao rematar, haberá queimada co seu conxuro correspondente. Para continuar coa festa a partir das 00:00h haberá festa con djs.
Ademais, non vos preocupedes pola chuvia, pois o recinto está cuberto cunha carpa.



