Modificación do pleno ordinario para o luns 1
O Concello da Guarda modifica a data do pleno ordinario convocado para este mércores 26 para o próximo luns 1 de decembro ás 20:00h no Salón de Plenos da Casa dos Alonso.
- Toma de posesión do concelleiro Alejandro González Vicente
- Aprobación das actas da sesión ordinaria de data 24.09.2025, extraordinaria de data 17.10.2025 e extraordinaria urxente 12.11.2025.
- Dar conta dos decretos dende o 16/09/2025 ata o 15/11/2025.
- Dar conta dos reparos de intervención.
- Dar conta do informe de morosidade e período medio de pago do terceiro trimestre de 2025.
- Proposta alcaldía aprobación convenio entre o concello da Guarda e a entidade local menor de Camposancos para regular a participación nos impostos do Concello.
- Proposta alcaldía, aprobación convenio residuos vidro 2025.
- Proposta alcaldía, apoio declaración institucional FEGAMP 25N 2025, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
- Solicitude compatibilidade Marcos Cabadas Avión.
- Moción presentada polo Grupo Municipal socialista para solicitar a publicación das subvencións municipais por concorrencia competitiva no primeiro semestre do ano.
- Moción do Grupo Municipal Socialista para a colocación de papeleiras de separación de residuos no concello da Guarda.
- Moción do Grupo Municipal Socialista con motivo do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
- Moción do BNG relativa á reivindicación do día 25 de novembro e á necesidade de incrementar os recursos públicos para facer fronte á violencia machista.
- Moción do Grupo Municipal Socialista para a mellora do transporte público comarcal no Baixo Miño e a súa integración cos principais servizos públicos.



