Con motivo das festas do Nadal o Punto Limpo permanecerá pechado os días 24, 25 e 31 de decembro, así como o 1 e 6 de xaneiro. Así mesmo, durante esas xornadas o Concello da Guarda tamén permanecerá pechado para …
Este sábado os pequenos da casa poderán desfrutar dun obradoiro de cociña de Nadal. Os participantes elaborarán unhas tartaletas de galleta, iogur e froita e tamén unhas galletas de xenxibre. Deste xeito, amasarán, enfornarán e decorarán as súas propias elaboracións …
O coro Cantábile volve este ano a encher de música as rúas da vila cun pasarrúas de panxoliñas. O percorrido comezará ás 20:00h do próximo martes 23 de decembro desde a praza do Reló para dirixirse pola rúa Brasilino Álvarez …
O próximo martes 23 de decembro, A Guarda recibe unha visita sorpresa: os Bolechas. Estes coñecidos irmáns veñen presentar o seu novo xogo:Os Bolechas coñecen a provincia de Pontevedra e o territorio transfronteirizo. O martes ás 12:00h no Centro Cultural …
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) alerta de fenómenos costeiros de nivel LARANXA en todo o litoral galego. Durante a fin de semana manterase case de xeito continuo a alerta, por mar combinada con ondas que poderán superar os 5 …
A Guarda recibe o próximo luns 22 unha visita moi especial: Papá Noel. O invitado estrela estará na praza de Avelino Vicente das 17:00 ás 19:00 horas. Ademais, non virá só, estará acompañado dos elfos e incluso, do Grinch. Así, …
Xa está aberto o prazo para presentar solicitudes para as subvencións municipais do Concello da Guarda por concorrencia competitiva destinadas a actividades sociais, culturais e deportivas no municipio. As entidades e persoas interesadas teñen de prazo ata o 14 de …
Para continuar co espírito do Nadal e a música propia desta época, este domingo celébrase o Festival de panxoliñas. O domingo 21 a partir das 17:00h na igrexa parroquial, desfrutaremos das voces da Coral do Clube da Terceira idade e …
Este domingo 21 de decembro, a escola de baile Attitude presenta o seu Festival de Nadal en colaboración co Concello da Guarda. O festival contará coas actuacións dos grupos que conforman Attitude, pero tamén con coreografías sorpresa de escolas invitadas. …
Para arrancar con estas data de Nadal recuperamos o concerto suspendido a final de agosto pola chuvia, do grupo Wondercovers. Veñen os WONDERCOVERS, un power trío vigués que ofrece o público un concerto dinámico, entretido, e tan cheo de clásicos, …









