(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Desenvolvemento local

    • Inicio
    • Desenvolvemento local
    • O alcalde inicia unha campaña de promoción e apoio aos novos establecementos da Guarda mediante visitas e difusión das súas actividades

    O alcalde inicia unha campaña de promoción e apoio aos novos establecementos da Guarda mediante visitas e difusión das súas actividades

    • Publicado por prensa
    • Categorías Desenvolvemento local, | Novas Destacadas
    • Date 9 Febreiro, 2026

    O alcalde da Guarda, nunha clara aposta pola economía local, inicia unha campaña de promoción aos novos establecementos da Guarda mediante visitas e difusión das súas actividades, dando o seu apoio aos emprendedores.

    O alcalde da Guarda comeza, neste mes de febreiro, unha campaña de difusión das actividades dos novos establecementos abertos a partires de xaneiro do 2026 , dando o seu apoio aos emprendedores e facendo visible o seu negocio nas RRSS do Concello da Guarda, iniciativa que se coordina dende a Concellería de Empresa, Comercio, Industria, Emprego e Innovación Tecnolóxica.

    O primeiro deles é ORGÁNI(ca): centro innovador de saúde integrativa e conformando un centro de coworking para profesionais da saúde.

    ORGÁNI(ca) é un espazo pioneiro, un centro de coidado e acompañamento corporal para acoller distintas especialidades como a osteopatía acuática. Ao fronte está Corina Domínguez, que tras unha longa traxectoria en París (Francia) decidiu volver a Galicia para abrir este centro.

    Corina imparte sesións de osteopatía acuática e en camilla, e valora moi positivamente os primeiro días xa que “a xente vén cunha idea do que é a osteopatía e marcha con outra diferente e máis liberada”. Por iso, Corina aconsella “ir, velo e probalo”.

    O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, cree que “este centro é o reflexo de que A Guarda é unha localidade onde emprender e apostar polo comercio local, tamén en disciplinas máis descoñecidas, como a osteopatía”.

    “Noutros países a osteopatía xa é máis coñecida e con carreira propia, pero en España aínda é unha novidade”, asegura Corina, quen define a osteopatía como “ciencia, rigor e saúde”. Nas sesións de osteopatía ofrécese un enfoque xeral e global da medicina patolóxica en busca dun benestar completo.

    Ademais, ORGÁNI(ca) conforma un centro de coworking para profesionais da saúde, con ata 6 gabinetes. Nun deles, Elena Arias ofrece sesións individualizadas de pilates e aquagym. Corina pensa que “este espazo de coworking busca ser un centro onde os profesionais da saúde podan desenvolver a súa carreira, sobre todos, aqueles que acaban de rematar os seus estudos e ter un espazo propio é moi complicado”.

    Desexámoslle moita sorte a ORGÁNI(ca).

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    O Concello da Guarda escoita á mocidade a través do proxecto Rede Xove
    9 Febreiro, 2026

    Seguinte nova

    A Guarda consolídase como destino turístico coa aposta pola promoción do alcalde Roberto Carrero
    10 Febreiro, 2026

    Tamén te poden gustar

    • O alcalde da Guarda recibe ao novo párroco Don Juan Luis
      12 Febreiro, 2026
    • AVISO: Cambio de data da ITV de ciclomotores
      12 Febreiro, 2026
    • O alcalde da Guarda aposta polo ciclismo co fin do Gran Camiño na nosa vila
      11 Febreiro, 2026

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica
    • Canal de denuncias

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web