O campo de Fínola desbrozouse para facilitar o aparcamento
Esta mañá o aparcamento do campo de Fínola mantívose pechado para o desbroce e aplanamento do mesmo.
Durante a mañá, traballadores da Asociación San Xerome coas máquinas da Mancomunidade do baixo Miño realizaron os traballos de desbroce no campo de Fínola. Non só se procedeu a limpeza no interior do aparcamento, senón tamén aos accesos pola rúa Rosalía de Castro e no muro da mesma rúa.
Ademais, tamén se procedeu ao aplanamento do aparcamento para eliminar calquera fochanca que puidera aumentar coa afluencia e uso deste céntrico aparcamento.




