O Concello da Guarda escoita á mocidade a través do proxecto Rede Xove
Arrinca o proxecto Rede Xove, un grupo de mozos e mozas que quere aportar ideas ao noso concello dar voz á mocidade e propoñer ideas e solucións para que o Concello coñeza de primeira man os intereses e necesidades da xente nova.
O proxecto promovido pola OMIX do Concello da Guarda conta co apoio do IES A Sangriña. O alumnado é o protagonista deste grupo, que conta coa implicación do profesorado para o impulso e nacemento do mesmo. Esta acción de participación xuvenil nace co obxectivo de impulsar cambios e transformacións a nivel local sempre dende un enfoque comunitario e promovendo o diálogo interxeracional.



