O Concello da Guarda mellora o Transversal A Carreira da Gándara
O Transversal A Carreira (A Gándara) atópase totalmente renovado. O camiño asfaltouse, evitando a formación das grandes fochancas que as continuas chuvias poden causar.
Ademais, completouse a renovación con nova tubaxe para o servizo de auga e para as augas pluviais. Esta intervención contou cunha subvención de máis de 41.000€ dentro do Plan Camiña Rural.




