O grupo San Roquiño proxecta a película ‘A herdanza’ para recoller alimentos
O grupo San Roquiño proxecta este sábado 13 de decembro a súa película “A herdanza”, rodada antes da pandemia.
A proxección será solidaria, con recollida de alimentos non perecedoiros como entrada. Estas recollida será a favor da ONG Conrazones para estas datas de Nadal ás familias necesitadas.
A película está feita con moito humor e o argumento xira ao redor de tres irmáns cunha inmensa fortuna, pero sen descendencia a quen deixala. Así que os veciños tentarán axudalo a resolver o problema.
A proxección comezará o sábado 13 de decembro ás 20:00h no Centro Cultural.



