O martes ábrense as citas para renovar pasaporte e DNI na Guarda
A partir do martes 1 de xullo pódese pedir cita para a renovación na Guarda do Documento Nacional Identidade (DNI) e do pasaporte.
Recordamos que co servizo do Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional só é preciso acudir un día a facer o trámite. O VIDOC instalarase na Praza do Reló, o luns 7 e o mércores 23 de xullo. Atenderase de 9:30 a 12:30h, só con cita previa.
O martes 1 de xullo pódese pedir cita de forma presencial no mostrador de información da planta baixa do Concello ou chamando ao 986 61 00 00. Por primeira vez tamén haberá servizo de renovación durante todo o verán, os meses de xullo e agosto.



