O Punto Limpo estará pechado durante a ponte da Constitución
O Punto Limpo da Guarda permanecerá pechado durante a ponte da Constitución e reabrirá a partir do martes co horario habitual: de luns a venres con atención ao público de 8:00h a 14:30h e os sábados de 8:00h a 12:30h.
Recordamos que no Punto Limpo hai estruturante dispoñible para toda a cidadanía.
Ademais, do 15 de decembro ao 15 de xaneiro non se realizará recollida de voluminosos, aínda que si que se poderá chamar ao Concello (986 61 00 00) para apuntarse á lista de recollida.



