Os elfos do Nadal pasarán unha tarde de xogos na Guarda
O próximo luns 29 de decembro, os elfos de Nadal pasarán unha tarde na Guarda. Será unha tarde chea de xogos, baile, diversión e risas para eles e para todos os nenos e nenas que se queiran sumar.
Os elfos estarán na tarde do luns de 17 a 19 horas na praza Avelino Vicente. Achégate a divertirte con eles!



