Papá Noel fará unha parada na Guarda o próximo luns
A Guarda recibe o próximo luns 22 unha visita moi especial: Papá Noel. O invitado estrela estará na praza de Avelino Vicente das 17:00 ás 19:00 horas.
Ademais, non virá só, estará acompañado dos elfos e incluso, do Grinch. Así, todos os nenos e nenas da Guarda poderán estar con eles antes das datas tan especiais como o Nadal.



