O ciclo «Cinema de outono» comeza este venres coa proxección do filme «La chica danesa»
A Guarda estreará o ciclo «Cinema de outono» este venres co filme «La chica danesa» no Centro Cultural ás 21:00 horas. Trátase dunha película dramática baseada na historia orixinal dunha parella de artistas daneses cuxa vida marital da un xiro cando o home adopta unha aparencia feminina.
A serie cinematográfica completárase o próximo 17 de novembro, coa proxección da película «Sully», ás 21:00 horas no Centro Cultural. No filme, tamén baseado nunha historia real, achegarémonos á vivencia do piloto aéreo que no ano 2009 realizou unha aterraxe de emerxencia en pleno río Hudson por mor dunha avaría. O veterano piloto terá que afrontar un minucioso análise a fin de determinar se a decisión tomada foi unha heroicidade ou froito da imprudencia.
«Cinema de outono» é unha iniciativa da Concellería de Cultura que busca ofrecer alternativas de ocio e cultura de calidade na nosa vila. As películas, de acceso libre e gratuíto, diríxense a un público mozo e adulto.
Tag:cine, Cinema de outono, La chica danesa, Sully