Festival peche de proxecto -Elefantes de Papel- este xoves na Guarda
Este xoves, día 28 de xuño de 2018, o salón de actos do Centro Cultural da Guarda acolle un Festival de peche de Proxecto de “Elefantes de Papel”.
O festival, que terá comezo ás 20:00h, contará con música, teatro, proxeccións, lectura de relatos e moitas novidades sobre este proxecto solidario no que participa tamén o colectivo local Conrazones.
O Elefantiño foi una ferramenta empregada por María Salinas e Berto Pirata ao longo dos 9 meses de duración deste proxecto, cun total de 52 presentacións, que motivou unha marea solidaria alí onde o proxecto fixo escala, ligado a un libro que se vendeu e que, cos seus beneficios económicos, realizaranse diversas actividades solidarias que serán explicadas máis polo miúdo este xoves no Centro Cultural da Guarda.
O libro, está escrito en braile, e ademais de colaborar con Conrazones, se tenta dar visibilidade a moitas asociacións e ONG´s, implicando a unha ampla representación da poboación coas presentacións realizadas en centros educativos, centros de maiores, de diversidades, debatindo sobre o machismo, racismo, as diferenzas entre a caridade e a solidariedade, entre outros.
Dende Elefantes de Papel convidan á cidadanía guardesa a achegarse ao Centro Cultural este xoves ás 20:00h para gozar do final deste gran proxecto de solidariedade.