A Guarda celebra un ano máis o Día Internacional do Orgullo LGTBI
Dende este mércores a balconada principal do consistorio local da Guarda luce a bandeira arcoiris do Orgullo LGTBI, imaxe deste colectivo, nun acto no que se impulsa a tolerancia e igualdade entre as persoas, sexa cal sexa a súa orientación sexual.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, a concelleira de Turismo, Montse Magallanes e a concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente, amosaron o apoio do concello á comunidade LGBTI este mércores día 27 de xuño colocando esta bandeira, no día previo o que se celebra, como cada ano, o Día Internacional do Orgullo LGBT.
O Concello da Guarda súmase deste xeito ao manifesto aprobado pola Xunta de Goberno Local da FEMP, co compromiso dos gobernos locais e o seu papel de garantir unha igualdade efectiva de todas as persoas co fin de dar visibilidade ao valores universais coma a igualdade, o respecto, a diversidade, a liberdade e a non discriminación.
Tag:A Guarda, igualdade, lgtbi, tolerancia