
Este domingo volve á Guarda a foodtruck de “Galicia sabe aMar”
A foodtruck da campaña “Galicia sabe aMar” volve á Guarda este domingo, 22 de novembro.
A Guarda será unha das paradas da iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia para promover a calidade dos produtos do mar galegos e achegar á veciñanza a riqueza da gastronomía mariñeira.
A actividade terá lugar na Alameda da Guarda, en horario de 11:00 a 15:00 horas, onde estará instalado o vehículo promocional da campaña, que ofrecerá unha experiencia gastronómica arredor dos produtos do mar.
Con esta parada, a veciñanza guardesa e as persoas que visiten o noso municipio terán a oportunidade de achegarse a esta proposta gratuíta de promoción dos produtos do mar, nunha xornada que contribúe a dar visibilidade á riqueza do sector pesqueiro e gastronómico galego.


