HOXE PECHA O PRAZO DE MATRICULACIÓN NO CONSERVATORIO DE MÚSICA DA GUARDA
Hoxe, venres día 10 de xullo, é o último día de prazo de matriculación no conservatorio de música da Guarda.
Todas aquelas persoas interesadas en ingresar para o curso 2015/2015 deben dirixirse as oficinas do Conservatorio entre as 10 e as 13 horas para cubrir os impresos e entregar a documentación necesaria para facer efectiva a matrícula.