O CONCELLO DA GUARDA REPOÑE ÁS PLACAS EN HONRA A DOUS MESTRES NA ASOCIACIÓN AVELAÍÑA
O pasado venres, día 22, o Concello da Guarda repuxo as dúas placas en honra ós mestres Dña Aurora De la Torre Parada e Don Francisco Valderrama Fernández na escola da Asociación Avelaíña. Estes distintivos xa se atopaban no edificio con anterioridade pero a causa dun roubo desapareceron da fachada da escola.
A familia máis directa de Don Francisco Valderrama, tres fillos e dous máis políticos, estiveron presentes xunto co alcalde José Manuel Domínguez Freitas e o Concelleiro de Cultura, Antonio Lomba, na inauguración das dúas placas.
Os familiares quixeron dar as gracias ó Concello por este recoñecemento mentres recoñecían o felices que foran vivindo no municipio da Guarda, xa que na actualidade, cada un deles vive nunca localidade diferente.