ALFREDO CAMPOS PRESENTA A CHARLA “A IMPORTANCIA DA MEMORIA E AS ESTRATEXIAS DE APRENDIZAXE NO ENSINO” DENTRO DO CICLO “DIÁLOGOS DE EDUCACIÓN”
Mañá, o profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Alfredo Campos García, presenta a súa charla “A importancia da memorias e as estratexias de aprendizaxe no ensino” dentro do ciclo organizado polo Concello da Guarda “Diálogos de Educación”.
Esta segunda conferencia enmarcada dentro de este evento, tratará os diferentes tipos de memoria que existen e as estratexias que se poden levar a cabo para aumentala. Ademais o profesor falará dos da importancia da memoria na aprendizaxe, e sobre todo, como el mesmo afirma, no ensino. Unha das estratexias máis utilizadas, conta Campos, son as imaxes mentais.
Como todas as conferencias que forman parte de este ciclo, terá lugar no colexio PP. Xesuítas da Pasaxe, en Camposancos, e comezarás ás 21 horas.
Como sucedeu na anterior charla, espérase que sexan moitos os docentes que se acheguen a escoitar as palabras de Alfredo Campos.
A seguinte cita será o 23 de xullo coa conferencia “De formar crentes a formar cidadáns: unha mirada crítica dende a pedagoxía”. Despois as charlas serán o 30 de xullo, o 20 e 27 de agosto e o 3 e 10 de setembro.