
O Concello da Guarda informa do novo horario de atención ao público do Padrón Municipal
O Concello da Guarda informa da adaptación do horario de atención ao público do Servizo do Padrón Municipal, unha medida orientada a mellorar a eficacia do servizo e reforzar a calidade da atención que se presta á cidadanía.
A partir de mañá, 1 de outubro, o Padrón Municipal atenderá á veciñanza en horario de 9:00 a 12:00 horas, sen necesidade de cita previa.
Esta adaptación responde ao obxectivo do Concello de seguir avanzando cara a unha atención máis áxil, eficiente e próxima, adecuando o funcionamento do servizo ás necesidades actuais e facilitando unha mellor planificación da atención ás persoas usuarias.
Deste xeito, o Concello da Guarda continúa traballando na mellora continua dos servizos municipais, buscando que cada trámite poida realizarse nas mellores condicións e cunha atención de maior calidade.


