O Concello da Guarda realiza a reposición da traída de auga e ampliación do aparcamento en Manuel Álvarez
Estes días estanse a realizar na céntrica rúa Guardesa de Manuel Álvarez obras de reposición da traída de auga. O concello acomete estas obras de renovación da instalación pola gran cantidade de avarías que se producen nesta rúa debido a antigüidade da instalación.
Estes días estanse a realizar na céntrica rúa Guardesa de Manuel Álvarez obras de reposición da traída de auga. O concello acomete estas obras de renovación da instalación pola gran cantidade de avarías que se producen nesta rúa debido a antigüidade da instalación.
As obras realízanse nas dúas beirarrúas e consisten na substitución dos tubos de fibrocemento por polietileno, renovando tanto da canalización principal como as acometidas. A nova canalización realízase no espazo que vai dende as xardineiras ata a estrada, aproveitando para incorporar esta franxa das beirarrúas de aproximadamente un metro para anchear o vial. Isto permitira, modificando o seu eixe, habilitar aparcamento en batería pola banda que da ao monte Trega. Con esta actuación está previsto un aumento das prazas de aparcamento en 25 ser cambiar practicamente as características da rúa. Queda para unha futura actuación a renovación das beirarrúas.
Está acordado coa empresa que durante as obras se produzan as mínimas molestias posibles, afectarán as prazas de aparcamento e haberá cortes de auga, debidamente anunciados, cando se produzan as novas conexións, pero en ningún caso se producirán cortes de tráfico. Nos días pasados o alcalde, Antonio Lomba, e o concelleiro de vías e obras, Miguel Español, mantiveron unha reunión cos comerciantes e veciños afectados para informar dos pormenores das obras. A empresa ten previsto, se non aparecen inconvenientes, que finalicen na primeira semana do mes de xullo.