Hoxe comeza o prazo para anotarse no curso de graffiti da Guarda dentro do programa “Depo RúARTE”
Hoxe, luns día 20 de xuño, iniciase o prazo para anotarse ó curso de graffiti que se desenvolverá na Guarda durante o mes de xullo como parte do programa “Depo Rúarte”, organizado dende a Deputación de Pontevedra.

Todos os que desexen inscribirse nesta actividade terán como prazo de inscrición dende hoxe ata o 12 de xullo, e poderán facelo na oficina da OMIX do Concello da Guarda. O curso realizarase entre o 18 e o 29 de xullo en horario de mañá.
Para inscribirse terán que achegar un formulario de solicitude, que poden recoller na propia oficina da OMIX ou descargar na web http://www.depo.es/; xunto cunha fotocopia do DNI e o empadroamento.
A iniciativa vai dirixida a rapaces e rapazas de 14 a 30 anos empadroados no Concello da Guarda. O curso conta con prazas limitadas que se cubrirán na seguinte orde:
-Primeiro aqueles comprendidos entre os 14 e 30 empadroados na Guarda.
-Se quedan prazas libres, tamén poderán inscribirse persoas non empadroadas na vila que cumpran o requisito da idade.
-Por último poderán inscribirse os empadroados que non teñan entre 14 e 30 anos.