Inherente Teatro presenta na Guarda a obra teatral «Velliñas»
O vindeiro mércores día 16 de outubro de 2019 a Praza do Reló da Guarda acolle a representación teatral de «Inherente teatro – Velliñas», enmarcado na programación Camiño A Dentro promovida por O Teu Xacobeo da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
Inherente teatro foi creado no ano 2019 por Noelia Blanco, Celina Fernández e Pía Nicoletti, tres actrices tituladas pola ESAD de Galicia. Coa súa primeira obra, Dramaturxia das mulleres, foron finalistas no VII Certame de Novos Investigadores Teatrais en Sevilla, e participaron en numerosos festivais como o FETEGA na súa XXVII edición , o II Encontro Mulleres Creando dentro do FITO ou a XXXIV Mostra Internacional de Teatro Cómico de Cangas. No 2018 únese como membro da compañía a actriz Noa Covelo. Combinan o seu traballo como intérpretes con talleres formativos de creación escénica.
A cita na Guarda será o mércores 16 de outubro ás 18:30h da tarde na Praza do Reló, en caso de choiva será nos baixos do Concello.