Firma da Acta Anual de Recoñecemento Fronteirizo no Río Miño
Este xoves día 28 de outubro de 2021 o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, participou en representación do Concello da Guarda na firma da Acta Anual de Recoñecemento Fronteirizo no Río Miño.
Neste acto, de caracter anual, estiveron representados os alcaldes e alcaldesas dos municipios transfronteirizos da parte galega e portuguesa, así membros da Armada Española e da Marinha Portuguesa e a Subdelegada do Goberno, Maica Larriba.
Tras embarcar as autoridades españolas desde a Comandancia Naval de Tui no patrulleiro “Cabo Fradera”, foron ao encontro do patrulleiro portugués “Río Minho”. Coas dúas embarcacións fondeadas asináronse as actas de recoñecemento fronteirizo de maneira conxunta. Con este acto, que ten por obxecto examinar a parte fluvial da fronteira, dáse cumprimento ao recollido no artigo 15 do Tratado de Lisboa de 1864 no que se define a fronteira entre España e Portugal.
Concretamente, asinaron as actas os alcaldes de A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra de Miño, As Neves e Arbo do lado español e os dos municipios de Caminha, Vilanova de Cerveira, Valença, Monçao e Melgaço do lado portugués.