A Deputación subvenciona con 20.956€ o pagamento das facturas eléctricas do Concello
A Deputación de Pontevedra ven de conceder unha subvención de 20.956,02 euros ao Concello da Guarda, destinados ao pagamento das facturas de consumo eléctrico das dependencias municipais. A axuda enmárcase no Plan Concellos 2017, ao abeiro da «finalidade gasto corrente novo dentro da Liña 2 do Plan de Obras e Servizos» provincial.