A Guarda organiza un curso para preparar a ESO
O Concello da Guarda abre o prazo de inscrición para un curso de formación de persoas adultas co obxectivo de preparar aos alumnos e alumnas para a obtención do Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou ESO.
O inicio das clases está marcado para o vindeiro mes de Xaneiro de 2019
As persoas interesadas poden ampliar información e inscribirse na OMIX da Guarda ou na Oficina de Desenvolvemento Local, nos enderezos electrónicos informacion@aguarda.es e emprego@aguarda.es ou nos teléfonos 676 347 890 e 689 605 127.