Peche da programación de contacontos co espectáculo “Lobo Bobo”
Dende que dera comezo o pasado mes de outubro, a programación de Contacontos promovida dende o Concello da Guarda leva realizado unha vez ao mes na Biblioteca Municipal unha lectura de contos e unha actividade complementaria.

Ante a proximidade da época estival e para rematar esta tempada, nesta ocasión terá lugar a representación do espectáculo “Lobo Bobo” o sábado día 11 de xuño ás 11,30h no Salón de Actos da Biblioteca.
O espectáculo, que porá o broche final á tempada, consiste na teatralización de contos a cargo da compañía Elefante Elegante. Nesta actuación dirixida a nenos e nenas de 3 a 7 anos, Gonçalo Guerreiro mestura os contos de toda a vida coa poesía, a música e o humor que se unen para dar un resultado único. Trátase dun espectáculo interactivo que seguro fará as delicias de toda a familia.
Dende o concello da Guarda convídase a todos os veciños e veciñas a asistir ao espectáculo e desfrutar do peche da programación de contacontos na vila.