Exposición das listas electorais de cara as Eleccións Xerais 2016
Exposición do Censo Electoral para as eleccións xerais de 26 de xuño de 2016
Entre os días 9 e 16 de maio, ambos inclusive, poderán consultarse nas oficinas do concello as listas do Censo Electoral que se utilizaran nas Eleccións Xerais do vindeiro 26 de xuño.
O horario de consulta será entre as 09.00 horas e as 14.00 horas, de luns a venres, consulta que deberá facerse de xeito individual, previa identificación da persoa (mediante D.N.I., pasaporte ou permiso de conducir).
É conveniente que aquelas persoas que houberan cambiado de domicilio, ou que cumpriran 18 anos recentemente comproben a súa correcta inscrición no censo.
A Guarda 6 de maio de 2016.
O Alcalde,
Antonio Lomba Baz