A Brilat colabora nas tarefas de desinfección da Residencia Monte Tecla da Guarda
As xestión feitas entre alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, posibilitan que, o venres 3 de abril, integrantes da Brilat se trasladaran Á Guarda para realizar tarefas de desinfección na residencia da terceira idade, Monte Tecla.
Esta operación forma parte da Campaña de desinfección masiva das residencias e centro de maiores que as Forzas Armadas están realizando en coordinación coa delegación do Goberno en Galicia.
Dende o concello da Guarda e a dirección co centro de maiores agradecen o traballo realizado, que se suma ao protocolo de seguridade e prevención que se realiza dende a propia residencia. Dende que comezou o estado de alarma o concello ven prestando especial atención a este centro ao que ofreceu a súa total colaboración.
Asi mesmo a direccción do centro quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade aos familiares dos usuarios e ao resto da cidadanía, informando que, nestes intres, non hai caos de contaxio e que se están a tomar todas as medidas de prevención posibles para cuidar dos nosos maiores.
Isto parámolo se quedas na casa, gracias pola túa colaboración
Tag:A Guarda, brillat, coronavirus, covid19, desinfeccion, residencia