(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • Máis de medio millar de persoas xa se achegaron á exposición “Camiños da Imaxe” que se pode visitar ata o 15 de Agosto na Casa dos Alonsos

    Máis de medio millar de persoas xa se achegaron á exposición “Camiños da Imaxe” que se pode visitar ata o 15 de Agosto na Casa dos Alonsos

    • Publicado por Concello
    • Categorías Cultura
    • Date 4 Agosto, 2016

    A exposición “Camiños da Imaxe”, que mostra a obra fotográfica e os filmes familiares do autor guardés Joaquín García Portela, máis coñecido como “Costiña”, está a ser todo un éxito. Xa a visitaron máis de medio millar de persoas, cunha media de visitantes ó día que supera as 40 persoas.

    A exposición “Camiños da Imaxe”, que mostra a obra fotográfica e os filmes familiares do autor guardés Joaquín García Portela, máis coñecido como “Costiña”, está a ser todo un éxito. Xa a visitaron máis de medio millar de persoas, cunha media de visitantes ó día que supera as 40 persoas.

     

    Tras a multitudinaria inauguración do pasado venres día 22 de xullo, na que os asistentes xa amosaron un gran interese por esta iniciativa, a acollida posterior da exposición está a ser moi boa. Polo momento achegáronse máis de 600 persoas ata a Casa dos Alonsos atraídas pola calidade das obras que compoñen a exposición, na que tamén moitas persoas procedentes da Guarda ou descendentes de guardeses buscan se hai algún familiar entre as persoas retratadas polo fotógrafo.

     

    Na exposición, organizada polo Concello da Guarda, subvencionada pola Deputación de Pontevedra e comisariada por Proxecto Socheo, atópanse imaxes que fixo a veciños da Guarda e da súa contorna, obxectos e fotografías persoais do fotógrafo que ilustran a súa biografía e poden verse os seus filmes familiares. Foi o descubrimento destes filmes, que foron realizados entre os anos 1926 e 1929 e que supoñen ata o día de hoxe as primeiras películas filmadas na Guarda e por un guardés, o que motivou a creación da mostra. Por iso os filmes ocupan un lugar especial na exposición, que inclúe unha sala de proxección para poder ver estes vídeos protagonizados sobre todo polas fillas de Costiña pero que tamén amosan paisaxes locais como a costa, o monte, o Porto e incluso a chegada da flota pesqueira ó Berbés (Vigo), todo coa montaxe orixinal do autor sen alteracións.

     

    Polo momento o que máis está a chamar atención dos visitantes é o arquivo dixitalizado das fotografías que se atopa á entrada da mostra. Alí, entre as máis de 500 imaxes, os guardeses e as guardesas xúntase para tratar de recoñecer ás persoas retratadas, o que fai que acaben por saír alcumes, historias e anécdotas protagonizadas por familias e persoas que habitaron A Guarda naqueles anos. Ademais, o outro punto da exposición que máis éxito ten é a citada zona de proxección, pois nos filmes poden recoñecer paisaxes, xentes e lugares da vila e ver como eran nos anos vinte do século pasado.

     

    Estamos, por tanto, ante unha exposición que está a ser todo un éxito e que continuará aberta ó público durante todas as Festas do Monte, ata o día 15 de agosto, cun horario de apertura que de martes a sábados é de 12 a 14 horas pola mañá e de 19 a 22 horas pola tarde, e os domingos e festivos será de mañá, entre as 12 e as 14 horas. Anímase a que todo o que o desexe aproveite esta última semana para achegarse a ver a obra do pioneiro do cinema da Guarda nunha exposición moi especial para todo o Concello da Guarda pola importancia de Costiña na historia cultural da vila. 

    • Compartir:
    Concello

    Anterior nova

    Contratación laboral temporal de dúas prazas de socorristas acuáticos no Concello da Guarda
    4 Agosto, 2016

    Seguinte nova

    REMATA A PRIMEIRA EDICIÓN DO VERÁN-DEPORTIVO
    21 Xullo, 2015

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica
    • Canal de denuncias

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web