Contratación laboral temporal de dúas prazas de socorristas acuáticos no Concello da Guarda
Anuncio da contratación temporal de dúas prazas para socorristas no Concello da Guarda.
Requisitos mínimos esixidos: estar inscrito ou ter solicitada a inscrición (sempre que non transcorresen máis de tres meses dende a solicitude) no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia,dependente da Academia Galega de Seguridade Pública, na sección de socorristas en espazos acuáticos naturais.
As bases da convocatoria están a disposición dos interesados na Secretaría do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, e de 10:00 a 13:00 horas do sábado.
O prazo de presentación de instancias será de cinco días naturais dende o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Faro de Vigo.
En A Guarda, a 14 de xullo de 2016.
O alclade
Antonio Lomba Baz