(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Xerais

    • Inicio
    • Xerais
    • A Guarda aproba en pleno as bases de axudas ás empresas que tiveron que pechar pola covid-19 por importe de 55.000€

    A Guarda aproba en pleno as bases de axudas ás empresas que tiveron que pechar pola covid-19 por importe de 55.000€

    • Publicado por prensa
    • Categorías Xerais
    • Date 27 Marzo, 2021

    • Axudas destinadas aos establecementos afectados polo peche decretado o 26 xaneiro de 2021
    • Se poden empregar para cubrir gastos de arrendamento, electricidade, cotas de autónomos, seguros…
    No pleno ordinario deste venres día 26 de marzo aprobáronse por unanimidade as bases reguladoras da liña de axudas directas aos establecementos afectados pola Covid-19 por un importe total de 55.000€. Estas axudas están destinadas aos establecementos afectados polo peche obrigatorio decretado pola Xunta de Galicia con data de 26 de xaneiro de 2021.
    Estas axudas están destinadas ao pagamento de gastos de funcionamento das empresas coma arrendamento, electricidade, cuotas de autónomos, seguros, etc. Se establece unha contía máxima de 700€ por establecemento/empresa.
    As empresas afectadas por este peche poderán solicitar as axudas en canto se publiquen no Boletín Oficial da Provincia(BOPPO).
    A Guarda destina o 1% do seu presuposto anual a axudas ás empresas para gastos derivados da covid.
    Os empresarios e empresarias da vila contan cunha nova convocatoria de axudas, que arestora se atopa en proceso de tramitación e que ten como obxectivo apoiar ás microempresas e autónomos da localidade a través da posta en marcha dunha campaña na que se fomentará o consumo local coa posta en circulación de bonos de compra que poderán ser utilizados pola cidadanía nos establecementos de hostalería, comercio ou servizos que desexen adherirse á campaña e que cumpran os requisitos de participación.
    Estas medidas veñen a complementar todas aquelas outras que se foron implantando desde o inicio da pandemia para reducir o impacto da COVID-19 e que pretendían e pretenden contribuír á reactivación económica da vila como son:
    – A redución na taxa do lixo para negocios.
    – A exención de pago das taxas por ocupación de vía pública para as terrazas durante 2020 e 2021.
    – Habilitación dunha sección específica na web de Turismo na que se ofrece información actualizada sobre normativa, subvencións ou axudas dirixidas á hostalería, así como posta a disposición do persoal da propia oficina de Turismo para solucionar dúbidas.
    – Posta en marcha da campaña #NonRompasOCírculo dirixida a sensibilizar e concienciar á cidadanía sobre o consumo local.
    – A creación da plataforma de venda online www.mercanaguarda.com
    – Formación presencial sobre xestión do risco da COVID-19 na hostalería, así como un servizo de asesoramento telefónico para os negocios participantes.
    – Publicación de listados de establecementos comerciais que ofrecían servizo a domicilio durante o confinamento.
    – Publicación durante o confinamento, e durante o actual período de severas restricións na hostalería, de listados actualizados de restaurantes, bares e cafeterías con servizo de comida ou bebida para levar ou que ofrecen entrega a domicilio.
    – Publicación de listados actualizados dos establecementos do mercado municipal con servizo de pre-encarga e/ou entrega a domicilio.

    Tag:A Guarda, axudas, Comercio, hostaleria

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Orpagu aúna planta frigorífica e I+D para el desarrollo económico y laboral del Baixo Miño en su 25 aniversario
    27 Marzo, 2021

    Seguinte nova

    A Omix da Guarda organiza un obradoiro de escritura creativa
    29 Marzo, 2021

    Tamén te poden gustar

    • A churrrería Santa Tecla súmase á venda en beneficio das Festas do Monte 2026
      1 Abril, 2026
    • A Guarda non terá citas para DNI e pasaporte ata maio
      31 Marzo, 2026
    • O guardés Juan Collazo elaborará o seu sándwich finalista do concurso de Delikia para toda A Guarda
      29 Marzo, 2026

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica
    • Canal de denuncias

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web