(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Xerais

    • Inicio
    • Xerais
    • O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade intensifica a actividade no seu 25º aniversario

    O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade intensifica a actividade no seu 25º aniversario

    • Publicado por prensa
    • Categorías Xerais
    • Date 7 Abril, 2022

    Os proxectos de cooperación internacional, a “localización” da Axenda 2030 e a loita contra o cambio climático centran o Plan de Actividades 2022 do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que conmemora este ano o seu 25º aniversario. Representantes das deputacións e concellos socios, entre eles o Concello da Guarda, aprobaron por unanimidade todos os puntos da orde do día na Asemblea Xeral celebrada esta mañá na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, coincidindo co Día Mundial da Saúde.

     

    O encontro, que retomaba a presencialidade despois de máis de dous anos, deu comezo coa ratificación da alta do Concello do Rosal, que vén de incorporarse á rede, segundo explicou a secretaria do Fondo Galego e concelleira en Ames, Luísa Feijoo. O presidente da entidade e alcalde de Nigrán, Juan González, e mais o tesoureiro e edil de Cartelle, Daniel Fernández, foron os encargados de expoñer a continuación a memoria de 2021, ano de recuperación progresiva tras os peores momentos da pandemia, así como a planificación e orzamento para 2022, que ascende a 486.780 euros.

     

    No presente exercicio continuarase impulsando os proxectos de cooperación ao desenvolvemento na África lusófona, tal é o caso do apoio á Rexión de Cacheu, en Guinea-Bissau, para facilitar o subministro de auga, ou o traballo a prol dos dereitos da infancia coa Fundação Encontro en Mozambique, iniciativas que contan con achegas extraordinarias dos concellos de Narón e Cambre, respectivamente. En canto á axuda humanitaria e de emerxencia, en Mozambique actuarase tamén para paliar os efectos dos últimos ciclóns e nos campamentos de persoas refuxiadas saharauís estase a reforzar o sistema de recollida de residuos co cofinanciamento de Nigrán e da Mancomunidade do Val Miñor.

     

    Así mesmo, nestes intres permanece aberto o prazo para que traballadoras e traballadores da administración local participen no novo programa de cooperación técnica Especialistas en Cooperar, cofinanciado pola Axencia Española de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento, que oferta tres prazas para colaborar cos proxectos implementados en Mozambique nas áreas de arquitectura, igualdade e acción social. Do mesmo xeito, este ano realizaranse aínda senllas misións políticas e técnicas tanto a este país como a Guinea-Bissau, para supervisar as accións financiadas, identificar outras novas e afianzar as relacións institucionais.

    No eido da sensibilización, cómpre salientar as actividades incluídas no convenio coa Xunta de Galicia, como son a elaboración de plans para a implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) en sete municipios, o curso online sobre localización da Axenda 2030 ou o III Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía, apoiado tamén pola AECID, que se celebrará no mes de xullo en Cabo Verde coa participación de diversos países de lingua oficial portuguesa. O Concello da Coruña ten previsto organizar asemade unha nova edición do Certame de murais arredor dos ODS ‘Muros que unen’.

     

    Unha ducia de municipios acollerán ademais as actividades programadas coas ONGD Agareso, Solidariedade Internacional de Galicia, Amigos da Terra e Fundación Vicente Ferrer. Para rematar, seguen en marcha as accións do proxecto europeo People & Planet, encamiñadas a concienciar a mocidade sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentable. Consellos Climáticos Xuvenís, obradoiros de cociña, debuxo urbano, performance, comunicación de guerrilla ou arte urbana son algunhas das metodoloxías que se empregarán nos concellos socios do Fondo Galego. A isto súmase a campaña Water of the future, lanzada con motivo do Día Mundial da Auga para promover a protección deste recurso.

     

    Na área da acción institucional, o gran acto será a conmemoración a finais de outubro do 25º aniversario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, en Lugo, no marco dun evento máis amplo con incidencia a nivel estatal. Tamén está en marcha unha nova campaña de captación de entidades socias,  así como a elaboración de protocolos que regulen o funcionamento interno da asociación. Neste senso, a asemblea aprobou as directrices para a configuración da Comisión Executiva, que se renovará tras as eleccións municipais de 2023.

    O Fondo Galego

    O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 100 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur Global e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego chega ao seu 25 aniversario tendo desenvolvido máis de 170 proxectos en 32 países e promovendo numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur e a Axenda 2030.  

    Tag:A Guarda, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    O autocoidado persoal vai a ser a temática do Obradoiro “Quérome, Cóidome” organizado polo CIM da Guarda
    7 Abril, 2022

    Seguinte nova

    Máis de 150 escolares visitaron na Guarda a Exposición de Libros do Principiño
    7 Abril, 2022

    Tamén te poden gustar

    • A Festiña Campusina volve a montar unha festa para todas as idades o sábado 16 de maio
      7 Maio, 2026
    • A unidade móbil de ADOS visita A Guarda o martes 28 de abril
      24 Abril, 2026
    • A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos estará en maio na Guarda
      22 Abril, 2026

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica
    • Canal de denuncias

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web