O Concello difunde un boletín para informar dos proxectos do 2025 e 2026
O Concello da Guarda está a difundir un boletín resumindo gran parte dos proxectos realizados na Guarda no 2025, así como os proxectos que xa se iniciaron ou que darán comezo en 2026.
Ademais, hai exemplares na planta de baixa da Casa dos Alonso para a cidadanía que queira coñecer algúns detalles sobre os proxectos da Guarda.










