Aberto o prazo para a adxudicación dos postos da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira
O Concello da Guarda segue apostando pola promoción da gastronomía coa celebración da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira na primeira fin de semana de xullo polo que abre o procedemento administrativo para a adxudicación dos postos para a celebración desta festa gastronómica.
No 2025, última edición da prórroga dos postos, acordouse ampliar a festa comenzando o venres no xantar e incrementando os metros da carpa para acoller a máis comensais.
Neste ano 2026 celebrarase a XXXIV edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira os días 3, 4 e 5 de xullo, e trala experiencia positiva do ano pasado manterase o mesmo formato:
- apertura da carpa e comezo da degustación iniciarase ás 12:00h do venres
- carpa de 1.200 m² para os postos e con mesas e cadeiras para 600 persoas.
O total de postos ofertados son 9 ao igual que en 2022 realizase unha procedemento administrativo para a adxudicación dos seguintes postos:
- 6 Restaurantes.
- 1 Cafetería.
- 1 Adega de DO Rías Baixas.
- 1 Confeitaría.
A tramitación realizase mediante a licitación a través da plataforma de contratación do sector público do Estado, dispoñible no perfil do Concello da Guarda (expediente 63/2026). O prazo de presentación de proposición remata as 23:59h do martes 10 de marzo.
As persoas interesadas en participar nesta licitación deberán tramitar a través da plataforma de contratación pero a continuación inclúese a documentación para a súa descarga e facilitar o seu coñecemento:
- Anuncio da licitación: .aquí.
- Documento do prego:aquí.
- Prego das cláusulas administrativas: aquí.
- Prego prescricións técnicas: aquí.
Enlace do procedemento no portal de contratación do sector público:
https://contrataciondelestado.es/wps/poc?uri=deeplink:detalle_licitacion&idEvl=7i%2Ftn0f1J7p70UvEyYJSGw%3D%3D



