O festival A Guarda Clásica continúa este sábado coas artistas internacionais Zukhra Zeingaliyeva (Kazajistán) e Ilaria Vivan (Italia)
Tralo magnífico concerto ofrecido o pasado sábado no Centro Cultural, continúa este sábado 23 de maio a mellor música de cámara da man do Festival A GUARDA CLÁSICA, con dúas intérpretes internacionais: Zukhra Zeingaliyeva (Kazajistán) e Ilaria Vivan (Italia) para ofrecer un diálogo único entre a frauta e a arpa.
O Festival continua coa súa aposta polo virtuosismo das artistas escollidas combinado cun repertorio coidadosamente deseñado.
Zukhra Zeingaliyeva é solista internacional formada en Kazaxistán, cunha traxectoria do mais variada que abrangue a música clásica, o jazz e músicas do mundo; foi solista da Sinfónica Aljazz, profesora no Conservatorio Nacional Kazakh Kurmangazy en Almaty e colaborou con músicos destacados tanto de música clásica como de jazz en festivais e ciclos de todo o mundo.
Ilaria Vivan é arpista principal da Orquestra Sinfónica de Porto-Casa da Música e docente nas Escolas Superiores de Música de Porto e Espinho, formada no seu Trieste natal, completou a súa formación e traxectoria nas principais escolas de música italianas (Academia de Santa Cecilia de Roma, Escola Superior de Música de Fiesole en Florencia e Portogruaro). Xuntas ofrecen Haru No Umi (‘o mar en primavera’), un programa de 60 minutos con obras de Debussy, Glinka, Miyagi, Ibert e outros, que vai do repertorio clásico á música xaponesa e contemporánea.
Esta iniciativa do Concello da Guarda nace neste 2026 coa vocación de abrir e consolidar unha programación musical de calidade na Guarda, dentro da música clásica pero sen renunciar a elementos de contemporaneidade que faciliten un diálogo entre as diferentes tendencias e o público do século XXI.
A Guarda se caracteriza por unha importante actividade cultural con numerosos colectivos adicados á música tanto a nivel profesional, amateur como educativo, aos que convidamos a unirse nesta experiencia que tan bo resultado acadou no primeiro concerto ofrecido por Rafael Yebra (saxofón) e Oswaldo Oro (guitarra) como concerto inaugural.
Esta programación conta coa financiación da LIÑA 2 liña 2 do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra.
FICHA DO EVENTO
Data e hora: Sábado, 23 de maio de 2026 ás 20:00h
Lugar: Salón de actos do Centro Cultural da Guarda
Artistas: Zukhra Zeingaliyeva (frauta) e Ilaria Vivan (arpa)
Programa: Haru No Umi – O mar en primavera
Entrada: De balde
Máis info: www.aguarda.es



