
A Guarda celebra este sábado “O Son dos Castros”, un evento que reunirá a diversos DJs e moita música no Estadio do Tecla
A Guarda prepárase para vivir este sábado, 29 de agosto, unha gran noite de música coa celebración de O Son dos Castros, un evento con DJs que terá lugar no Estadio do Tecla a partir das 22:30 horas, con entrada gratuíta.
A proposta nace coa intención de ofrecer á mocidade da Guarda e da contorna unha alternativa de ocio musical e festivo, aberta tamén a todas aquelas persoas que queiran achegarse e gozar dunha noite diferente.
A sesión contará coa participación dos seguintes DJs: Guille, Cristian Pereyra, DaríoGZ, Joselete, Tito, Igar e Axel, que serán os encargados de poñer ritmo á noite. A orde das sesións son:
• 22:30 horas – Cristian Pereyra
• 23:15 horas – DaríoGZ
• 00:00 horas – Guille
• 00:45 horas – Joselete
• 01:30 horas – Tito
• 02:15 horas – Igar DJ
• 03:00 horas – Axel
O Son dos Castros presenta así unha noite pensada para desfrutar da música na Guarda, cunha programación especialmente orientada ao público xuvenil pero aberta a todas as idades.


