
O Concello da Guarda anuncia unha nova edición do Campamento de Nadal Conciliaguarda
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Xuventude e da OMIX, pon en marcha unha nova edición do Campamento de Nadal Conciliaguarda, unha proposta de lecer educativo dirixida ás crianzas durante o período de vacacións escolares, co obxectivo principal de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral.
O campamento está destinado a crianzas de entre 3 e 10 anos, escolarizadas e empadroadas na Guarda, e ofrecerá un espazo de convivencia, diversión e desenvolvemento integral durante os días non lectivos.
A actividade será de carácter gratuíto e contará cun total de 30 prazas, das que se poderán reservar dúas para familias en situación de especial vulnerabilidade, valorada mediante informe previo dos Servizos Sociais municipais.
O campamento desenvolveranse os días 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2026, así como os días 4 e 5 de xaneiro de 2027, en horario de 9:00 a 14:00 horas. As familias que o precisen poderán solicitar un horario ampliado, de 8:30 a 14:30 horas, indicándoo no formulario de inscrición.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto do 1 ao 10 de decembro de 2026, ambos os dous incluídos.
FICHA DE SOLICITUDE CAMPAMENTO DE NADAL CONCILIAGUARDA
As inscricións poderán realizarse de forma telemática a través da Sede Electrónica do Concello da Guarda ou presencialmente no Rexistro Xeral do Concello, así como nas oficinas municipais da OMIX.
Unha vez rematado o prazo de inscrición e comprobado o cumprimento dos requisitos, as prazas adxudicaranse entre as solicitudes válidas presentadas.
Se o número de solicitudes supera as prazas dispoñibles, realizarase un sorteo público o día 11 de decembro ás 10:30 horas, que determinará a adxudicación das prazas e a orde da listaxe de reserva. As solicitudes de irmáns e irmás sortearanse xuntas, aínda que na listaxe de reserva poderán ser chamadas de maneira individual.
A listaxe de persoas admitidas e a listaxe de reserva publicaranse na páxina web do Concello da Guarda, codificadas co número de rexistro da solicitude, polo que se recomenda conservar o comprobante de presentación.
No caso de que, unha vez cubertas as prazas, quedasen vacantes, poderán participar crianzas doutros concellos sempre que cumpran o requisito de idade establecido nas bases.
Máis información na OMIX do Concello da Guarda ou a través do correo electrónico informacion@aguarda.es.


