A Biblioteca da Guarda celebra o día das Bibliotecas con contacontos e regalos para os máis pequenos
O próximo día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas e para celebralo desde a Biblioteca Pública Municipal da Guarda teñen preparadas dúas actividades.
A primeira das actividades dará comezo a partir xa do próximo luns 14, regalando un libro aos máis pequenos que leven libros en préstamo. Trátanse de libros doados pola
escritora e ilustradora Ánxeles Ferrer, coma “Tres princesas namoradas” ou “Branca de Neve e os sete ananos”.
Este agasallo estará dispoñible desde o 14 ata o 31 de outubro ata que se rematen as existencias.
A segunda actividade consiste nun contacontos para o sábado 26 de outubro. Trátase de “Extra Terrestre” unha historia dun extraterrestre que viaxa por varios planetas aprendendo sobre a amizade, respecto e igualdade. A través de papel pop-up e marionetas, esta mensaxe intentará chegar aos máis pequenos o sábado 26 de outubro ás 12:00 horas na Biblioteca Municipal.