A Biblioteca da Guarda presenta e dá a benvida a Heraldo, a súa mascota
Este sábado, 22 de outubro, os guardeses e as guardesas que se achegaron ata a Biblioteca da localidade puideron asistir á presentación da recentemente elixida mascota da Biblioteca: Heraldo.
Este sábado, 22 de outubro, os guardeses e as guardesas que se achegaron ata a Biblioteca da localidade puideron asistir á presentación da recentemente elixida mascota da Biblioteca: Heraldo.
Deste xeito deuse a coñecer o deseño escollido entre os presentados ao Concurso “Mascota da Biblioteca”, unha das principais novidades da campaña para o fomento da lectura no público máis xove da Guarda que leva por nome “Vive a Biblioteca 2016/17”.
Entre a variedade de propostas presentadas resultou vencedora a realizada por Pablo Coballes García e Anxo Sánchez Higuero, que representará á Biblioteca e acompañará todas as actividades e iniciativas que dende ela se promovan.
Coincidindo coa primeira data dos Contos Contados deste pasado sábado, ademais de presentar en publico á mascota, se lle fixo entrega aos seus creadores do premio como parella gañadora do certame: un lote de libros e un agasallo doado pola copistería “COPISTERIUM”. Ademais, fíxose un Photocall que estará durante todo o ano para que todo o que o desexe poda fotografarse xunto á mascota. Tamén, tras a entrega do premio ós gañadores do concurso, houbo un conta contos e un obradoiro no que os nenos e nenas participantes fixeron un libriño a semellanza de Heraldo.
A programación dos Contos Contados, que se estenderá ata o fin de curso, continuará a vindeira fin de semana, concretamente o sábado 29 de outubro ás 11:30 h., nunha nova dataque contará con máis conta contos, adicada nesta ocasión á celebración do Samaín.
Dende o Concello da Guarda anímase a todas as familias a achegarse os sábados ás citas cos Contos Contados que amenizarán as fines de semana na Biblioteca ata o mes de xuño, con conta contos e moi diversas actividades e entretementos para toda a familia.