A Biblioteca Municipal da Guarda premia aos mellores lectores do ano 2016
O día 11 de xaneiro celebrouse o Día do Usuario e Usuaria das Bibliotecas e dende a Biblioteca Pública Municipal da Guarda quíxose conmemorar ese día agasallando aos tres mellores lectores da Biblioteca no ano 2016.
O día 11 de xaneiro celebrouse o Día do Usuario e Usuaria das Bibliotecas e dende a Biblioteca Pública Municipal da Guarda quíxose conmemorar ese día agasallando aos tres mellores lectores da Biblioteca no ano 2016. Por categorías, os gañadores foron:
Categoría infantil: Uxía González Álvarez.
Categoría xuvenil: Pablo Martínez Da Silva.
Categoría adulto: Gloria Inés Vázquez Castro.
Deste xeito, o venres 13 de xaneiro, Uxía, Pablo e Gloria Inés achegáronse á Biblioteca onde a Concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez, lles fixo entrega dun lote de libros como agasallo.
Dende a Concellería de Cultura felicítase a Uxía, Pablo e Gloria Inés e anímase a tódolos usuarios a seguir achegándose á Biblioteca, un espazo adicado á lectura e aberto a tódolos guardeses e guardesas.